A ruta discorre por algúns dos lugares con maior interese paisaxístico, histórico e etnográfico doconcello de Castro Caldelas: aldeas abandonadas, bosques con castiñeiros monumentais e numerosos miradoiros naturais, entre outros. O patrimonio histórico durante a ruta tamén é de gran importancia, pasando por mosteiros como o de San Paio de Abeleda ou a reitoral de Poboeiros. A ponte medieval da Ponche ou as fervenzas do Pozo dous Cabalosson outros dos lugares que atravesa este itinerario.

 

Se desexades máis información non dubidedes en contactar connosco a través do seguinte formulario: