Ruta Bosques Máxicos – 17 Novembro

A ruta discorre por algúns dos lugares con maior interese paisaxístico, histórico e etnográfico doconcello de Castro Caldelas: aldeas abandonadas, bosques con castiñeiros monumentais e numerosos miradoiros naturais, entre outros. O patrimonio histórico durante a ruta tamén é de gran importancia, pasando por mosteiros como o de San Paio de Abeleda ou a reitoral de Poboeiros. A ponte medieval da Ponche ou as fervenzas do Pozo dous Cabalosson outros dos lugares que atravesa este itinerario.

 

Se desexades máis información non dubidedes en contactar connosco a través do seguinte formulario:

Ruta da Amargura (Luintra-Ourense) – 2 de Xuño

O día 2 de Xuño voltamos a Luintra a facer a ruta da Amargura, que gracias a asociación Móvete por Nogueira podemos disfrutar. A ruta discorre polo incomparable maro da Ribeira Sacra.

Disfrutaremos do Mosteiro de San Estevo, Fervenzas Muiós. Un total de 17 Kms moderados con fabulosas vistas e paisaxes.

 

Se desexades máis información non dubidedes en contactar connosco a través do seguinte formulario: